InicioPolíticaTomé cre que a data electoral é unha "estratexia" de Feijóo máis...

Tomé cre que a data electoral é unha “estratexia” de Feijóo máis ca unha “necesidade” dos galegos

O presidente da Deputación acusou o titular da Xunta de Galicia de "facer campaña coa xestión da crise sanitaria".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, considera que fixar o 12 de xullo as eleccións autonómicas “obedece máis ben a unha estratexia” do PPdeG e do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “a unha necesidade” dos galegos nestes momentos.

En declaracións aos medios este martes, Tomé cre que estes comicios estarán condicionados por “unha situación sanitaria delicada” que “pode pór en risco os cidadáns” tanto pola súa participación en actos electorais como o propio día da votación.

Ademais, lembra que vai haber persoas “que van estar obrigatoriamente nas mesas” e, por tanto, expostas. E engade que “vai ser unha campaña con moitas dificultades para trasladar os programas aos galegos”.

Dito todo iso, José Tomé suxire que “sería moito mellor que o señor Feijóo negociase co resto de partidos unha data pactada” —PSdeG, BNG e Galicia en Común-Anova Mareas rexeitan a convocatoria en xullo— e que “fose moito máis segura para todos os galegos e galegas”.

“FACER CAMPAÑA” COA CRISE

En vista da convocatoria, dada a coñecer este luns, o presidente da Deputación de Lugo lamenta que Feijóo “se dedicou durante este tempo a facer campaña coa xestión da crise sanitaria”.

Así mesmo, critica que o titular da Xunta estivese ocupado en “confrontar co Estado en lugar de axudar”, ademais de non asumir “responsabilidades pola situación sanitaria en Galicia, que é exclusivamente froito da súa mala xestión”. Tal e como lembrou, a sanidade é competencia “exclusiva” da Comunidade, de acordo co Estatuto de Autonomía.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...