InicioSucesosA Policía Local parou dúas festas en pisos de Lugo durante a...

A Policía Local parou dúas festas en pisos de Lugo durante a pasada fin de semana

Só se procedeu a denunciar por incumprimento do estado de alarma nun dos dous casos, xa que algúns dos asistentes non vivían nesa casa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo tiveron que intervir a pasada fin de semana para poñer fin a dúas “festas” que estaban a ser celebradas en pisos na cidade, aínda que só nunha delas parte dos participantes foron denunciados por incumprir o estado de alarma, dado que non residían na vivenda.

A primeira intervención produciuse sobre as 21:30 horas do pasado 9 de maio, nunha vivenda da Rúa Pintor Villamil, onde os axentes comprobaron que “se estaba levando a cabo unha festa con música” e “cun volume excesivo”, que molestaba os demais residentes no edificio. Ao ser advertido, o propietario do inmoble apagou o aparello reprodutor, aínda que os axentes levantaron acta por unha infracción da Ordenanza de Protección Ambiental.

Tamén comprobaron que todas as persoas que estaban no piso residían nesa vivenda, polo que non incumprían o estado de alarma.

A segunda intervención produciuse o 10 de maio, ás 00:25 horas, cando axentes do grupo operativo nocturno se presentaron nun edificio da Avenida de Paula Fabio Máximo, por mor das queixas dos veciños acerca dos ruídos que proviñan dunha das vivendas. Os axentes comprobaron que no seu interior estaba a celebrarse “unha festa” e que os asistentes estaban “a cantar, dando palmas e utilizando instrumentos musicais”.

Os policías levantaron acta por infracción da Ordenanza de Protección Ambiental, ademais de denunciar a varios dos participantes na festa por incumprir o estado de alarma, tras comprobar que non residían nesa vivenda.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...