InicioDeportesConfirmada a multa ao Osasuna por regalar entradas aos seus ultras para...

Confirmada a multa ao Osasuna por regalar entradas aos seus ultras para un partido no Anxo Carro

O club navarro deberá pagar 50.000 euros por entregar pases de cortesía a unha vintena de afeccionados da peña Indar Gorri.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado do contencioso-administrativo nº2 de Lugo confirma a sanción administrativa de 50.000 euros ao Club Atlético Osasuna por regalar entradas aos seus ultras para asistir a un partido en Lugo. Daquela, desestímase o recurso interposto polo Osasuna e ratifícase a resolución ditada pola Subdelegación do Goberno de Lugo en novembro de 2016.

Os feitos foron considerados como infracción grave relacionada coa violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte.  Na sentenza, a xuíza indica que a proba incluída no expediente sancionador “evidencia que o Osasuna facilitou, ben directa ou indirectamente, ao grupo radical Indar Gorri entradas de cortesía para asistir ao partido contra o Lugo”, celebrado o 5 de marzo de 2016 no Anxo Carro.

A maxistrada tamén destaca no fallo que se acreditou que ambos clubs “asinaron unha semana antes do encontro un documento” no cal o Osasuna se comprometía a non facer entrega dos pases a “grupos problemáticos ou con antecedentes violentos”.

Ambos equipos recoñecen que o Osasuna recibiu naquel momento 75 entradas de cortesía do Lugo, que deberían ser destinadas, segundo o acordo subscrito, “única e exclusivamente para atender compromisos da entidade, consello de administración, xogadores e patrocinadores, non podendo ser utilizadas por grupos problemáticos ou colectivos que teñan antecedentes violentos”.

Con todo, durante o partido detectárase a presenza dunha vintena de afeccionados da peña Indar Gorri na zona reservada para as entradas cedidas ao club visitante.

Á hora de rexeitar o recurso, a xuíza subliña que a entidade deportiva, nas súas alegacións, “non desvirtuou estes feitos, dado que recoñece recibir 75 entradas do Lugo e entregar algunhas a persoas non identificadas”.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...