Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a dous veciños da cidade por infracción á ordenanza de protección ambiental ao escoitar música con volume alto tras as queixas doutros residentes dos inmobles.
Así o informou a Policía Local de Lugo, que relatou que a primeira intervención se produciu sobre as 23:10 horas da noite do 16 ao 17 de abril nunha vivenda da rúa Otero Pedrayo. Un veciño queixábase de que non podía conciliar o sono debido ao ruído que proviña doutro piso.
Ao chegar ao lugar, os axentes comprobaron que desde a rúa “xa se escoitaba música con volume e ton excesivamente alto de voz humana”, polo que se procedeu a identificar a presunto causante dos ruídos.
A segunda intervención realizárona sobre a 1:10 horas nunha vivenda na rúa Frai Plácido onde veciños do edificio tampouco podían durmir por mor do “volume excesivamente alto dun aparello reprodutor de música que se escoitaba perfectamente desde a rúa e en todo o edificio”.
Debido a iso os policías identificaron á persoa causante da “conduta incívica” e pedíronlle que cesase as molestias, tras o que levantaron acta de infracción.
                                    