InicioCulturaLugo homenaxea nas redes sociais a Xoán Montes no 180º aniversario do...

Lugo homenaxea nas redes sociais a Xoán Montes no 180º aniversario do seu nacemento

Cada media hora, a área de Cultura compartirá vídeos con distintas versións do poema 'Negra Sombra', de Rosalía, musicado polo compositor lucense no 1892.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Cultura do Concello de Lugo homenaxeará a Xoán Montes este luns, 13 de abril, coincidindo co 180 aniversario do nacemento do músico lucense. “Homenaxeamos nesta data a un dos músicos máis destacables da historia de Lugo, fundador da nosa Banda Municipal“, afirmou Maite Ferreiro.

Durante todo o día, as redes sociais da área de Cultura compartirán cada media hora versións do poema de Rosalía Negra Sombra, ao que Xoán Montes deu son no ano 1892. A edil de Cultura animou “a visitar durante todo o día as redes sociais e ver a pegada que Xoán Montes deixou na historia da música”.

A área de Cultura avanza no traslado do busto de Xoán Montes á praza Maior. Segundo informou Maite Ferreiro, “as pezas da base xa están colocadas e cando a situación o permita realizarase o traslado do busto”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...