InicioDeportesPablo Cacharrón, porteiro menos batido de Preferente Norte

Pablo Cacharrón, porteiro menos batido de Preferente Norte

PUBLICADA O

- Advertisement -

O porteiro lucense Pablo Cacharrón, de Club Deportivo Lugo, recibiu o premio ao “porteiro menos batido” de Preferente Norte. O trofeo foi entregado o pasado venres na “Gala do Fútbol Galego” organizada pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e celebrada no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

Cacharrón, de 21 anos, ascendeu co Club Deportivo Lugo B a Terceira División na penúltima xornada de liga proclamándose campión de grupo e tamén campión absoluto de Preferente.

O gardamallas lucense adestra habitualmente co primeiro equipo de Club Deportivo Lugo. Foi convocado en partidos de La Liga 1|2|3 nas últimas tres tempadas. Competiu en encontros amigables coa camisola albivermella, mais non debutou en choque oficial. Na pasada campaña, foi un xogador máis do primeiro equipo en cada adestramento. Comezou a adestrar con diferente frecuencia coa primeira plantilla dende 2013.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...