InicioSucesosA Policía denuncia un lucense por realizar labores agrícolas a quilómetros da...

A Policía denuncia un lucense por realizar labores agrícolas a quilómetros da súa casa

Os axentes sorprendérono traballando unha leira que superaba por moito o límite dos 500 metros establecidos para este tipo de tarefas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron esta fin de semana un veciño da cidade que estaba a realizar labores agrícolas nunha leira situada a varios quilómetros do seu domicilio, “sen causa que o xustificara”.

Segundo informou a propia Policía Local, o denunciado estaba a traballar nunha leira próxima á rúa Xoán Diego, na cidade de Lugo, unha parcela que dista uns cantos quilómetros de distancia do seu domicilio habitual. Polo tanto, os axentes levantaron unha acta de infracción por incumprimento do estado de alarma decretado para frear a propagación do coronavirus.

A Policía Local lembroulle que as medidas recollidas no estado de alarma establecen un límite de 500 metros desde o domicilio habitual á leira para realizar ese tipo de labores agrícolas en producións para autoconsumo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...