InicioSociedadeAlumnos da USC en Lugo súmanse ao proxecto Coronavirus Makers para fabricar...

Alumnos da USC en Lugo súmanse ao proxecto Coronavirus Makers para fabricar material sanitario

"Sóuboo Lucas polo Instagram, mandoumo e apuntounos ao momento", relata Yasmina Vázquez, estudante de 1º de Enxeñaría Robótica. Lucas Campillo é o seu compañeiro, quen tamén se uniu a este proxecto de colaboración cidadá para elaborar máscaras de protección coa técnica de impresión 3D.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A semana pasada sabiamos das iniciativas que levaban a cabo no CIFP As Mercedes e no CEIP de Casás para fabricar material de protección para os sanitarios. Na escola colaboraban co movemento Coronavirus Makers de Lugo, igual ca o fan tamén agora estudantes do grao de Enxeñería Robótica do Campus Terra da USC.

Os alumnos de primeiro curso Yasmina Vázquez e Lucas Campillo, amais do grupo XuvenCiencia da USC, participan neste proxecto altruísta de colaboración cidadá orientado á impresión en 3D de 250 viseiras de protección para uso sanitario.

“Sóuboo Lucas polo Instagram, mandoumo e apuntounos ao momento”, relata Yasmina que, do mesmo xeito que o seu compañeiro de clase, forma xa parte dos 1.600 voluntarios e voluntarias galegas, que, a diario, crean en impresoras 3D uns 1.000 equipos e protección validados para persoal sanitario e demais traballadores de centros asistenciais e de maiores.

“A impresión en 3D converteuse para nós nunha alternativa de confinamento activo nestes tempos”, sinala Yasmina, que asegura que “sempre se pode axudar” algo.

Yasmina Vázquez e Lucas Campillo, estudantes da EPS de Enxeñaría de Lugo | USC

Para a elaboración dos produtos, estes alumnos da USC seguen as indicacións que os coordinadores de Coronavirus Makers soben á nube tras a súa validación. “Cando temos varias unidades terminadas facemos lotes de cinco viseras, metémolas en bolsas de conxelados para logo enviar á farmacia máis próxima, que funciona como punto de recollida, coordinado polo 061″, explica a estudante.

“Coas nosas impresoras tardamos sobre hora e media, dependendo dos parámetros e das boquillas, en terminar cada visera”, indica Yasmina, que explica que, aínda que cada unidade require duns 10 metros de filamento PLA, de momento contan con material porque antes de que empezase o problema fixeron un pedido importante.

DISTRIBUCIÓN DO MATERIAL

A USC explicou que para a distribución do material elaborado, Yasmina conta coa axuda do seu pai, que aproveita os seus desprazamentos ata o lugar de traballo para entregar as viseiras en calquera das boticas de Lugo que traballan coa Cooperativa Galega de Farmacia (Cofano), que é outra das entidades colaboradoras do proxecto.

“Tentamos que todo se faga coa maior transparencia posible e, por isto, cada protector leva un rexistro de impresión e un número de identificación”, sinala para indicar que o 061 recolle os lotes nas farmacias e lévaos a un centro loxístico para desinfectados antes de proceder á súa distribución en todo tipo de centros públicos.

ÚLTIMAS

Luz verde aos 22 millóns de euros do Plan Deputación 2025

O Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres, no seu Pleno ordinario, as bases...

Deteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere de Monterroso

A Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de...

A Policía Local de Lugo identifica a dous mozos facendo pintadas e a outro que esnaquizaba coches a fartar

A Policía Local de Lugo identificou a dous mozos sorprendidos mentres realizaban pintadas na mañá de...

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...