InicioSociedadeAs despedidas ausentes para os defuntos por coronavirus

As despedidas ausentes para os defuntos por coronavirus

Os psicólogos prevén "patoloxías" do dó ao non poder acompañar os seres queridos falecidos. Pola súa banda, as funerarias deben adaptarse tamén ás medidas restritivas: velatorios case baleiros e prohibición de técnicas tanatoestéticas aos cadáveres de persoas contaxiadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

coronavirus está a supoñer un desafío a nivel social en moitos campos, un reto ao que non escapan nin o  nin os servizos funerarios. A despedida dos seres queridos, para moitos tan necesaria para aceptar a súa marcha, adquire se cabe maior complexidade polas medidas adoptadas para tentar conter a pandemia. As funerarias da Mariña Lucense tamén se preparan para situacións novas, a fin de evitar o risco de contaxio e garantir a seguridade de traballadores e familiares, ademais de posibilitar que estes últimos poidan despedir aos seus defuntos coa maior dignidade posible.

Para os seres queridos dos falecidos por coronavirus espera un proceso complexo de dó, pois na inmensa maioría dos casos non poderán despedirse dos familiares, illados nos hospitais para evitar contaxiar a enfermidade.

“É certo que non hai un xeito de levar un dó e cada un escolle un xeito”, expón Carmen Rubiños, psicóloga que dirixe o centro de maiores de Ribadeo. “Algunhas persoas necesitan tocar e bicar e outras prefiren non facelo, pero nós tentamos dentro dese respecto á individualidade favorecer as despedidas”, indica.

“Hai moitas persoas, aquelas que necesitan ver e tocar, que van pasar por unha experiencia terrible. Os psicólogos temos maneiras de traballar sobre esta forma non escollida de levar un dó. Cando fas algo voluntariamente, as consecuencias psicolóxicas son menores; cando te tes que despedir dalguén por obriga, e ademais non o podes ver, porque esa persoa estivo confinada no hospital, iso é duro. O familiar non viu o seu defunto nin no momento da morte nin antes porque estaba no hospital; é algo moi antinatural“, prosegue. […]

NOVA NORMATIVA PARA AS FUNERARIAS

As empresas afrontan un desafío. Co decreto do estado de alarma, as funerarias seguen agora a normativa da Policía Mortuoria a nivel estatal, que permite agora “enterrar ou incinerar os mortos antes das 24 horas, cando anteriormente non era posible”, explica Víctor Pernas, de Funerarias A Mariña. Nos casos de coronavirus, “temos que tomar unha serie de medidas e precaucións en canto ao transporte desde o hospital, co correspondente selado, e ás distancias, por exemplo”, indica.

A nova normativa de aplicación impide manipular ningún cadáver para evitar contaxios, polo que queda prohibida calquera práctica de tanatocracia ou tanatoestética. Isto, expón Pernas, supón algúns dilemas. “Hai defuntos que teñen marcapasos e antes podiamos quitárllelo para incineralos, pero agora haberá que enterralos”, argumenta.

Podes ler a reportaxe completa, da man de Ramón González Rey, no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...