InicioDeportesTino Saqués non descarta un ERTE para "todos os empregados" do CD...

Tino Saqués non descarta un ERTE para “todos os empregados” do CD Lugo, futbolistas incluídos

O presidente do club albivermello explica que "a situación a nivel económico é moi complicada".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O presidente do CD Lugo, Tino Saqués, recoñeceu que “a situación a nivel económico é moi complicada” e non descartou un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) no Lugo, algo que afectaría a “todos os empregados”, futbolistas incluídos, no caso de que a inactividade se prolongue.

O dirixente lucense explicou nunha entrevista coa Televisión de Galicia que “se a competición non se renovase habería unha suma importante de diñeiro correspondente dos dereitos de televisión que non se cobraría”.

Saqués comentou que se está traballando na procura de solucións viables para afrontar a diminución de ingresos debido ao Covid-19 e precisou que no caso de facer un “ERTE tería que ser para todos os empregados do club porque ninguén pode mirar para outro lado nunha situación como esta de forza maior”.

Con todo, mandou unha mensaxe de tranquilidade e dixo que van darlle “viabilidade ao club” e continuar na categoría de prata.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...