InicioSociedadeLugo activa un servizo de compra a domicilio en colaboración cos taxistas

Lugo activa un servizo de compra a domicilio en colaboración cos taxistas

As persoas interesadas deberán chamar ao 010, o teléfono de atención á cidadanía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo porá en marcha un servizo de compra a demanda en colaboración cos taxistas da cidade para as persoas que permanecen confinadas nas súas casas. Funcionará a través do teléfono de atención á cidadanía, o 010.

Así o anunciou o tenente de alcalde de Lugo e responsable da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo. Con esta iniciativa, preténdese “facilitar que as persoas que forman parte dos grupos de risco poidan quedar nas súas casas mentres dure o estado de alarma”.

As persoas interesadas en facer uso deste servizo deben poñerse en contacto co 010, desde onde se  “rebotará” a chamada á central de taxis para que poidan tomarlles os datos do pedido. No momento da entrega, os usuarios deberán abonar o importe da compra e a tarifa habitual do taxi.

O 010, MÁIS NECESARIO CA NUNCA

Arroxo precisou que “desde a declaración do estado de alarma”, o 010 foi reforzado con máis persoal, co obxectivo de “aumentar os servizos que presta”. “Traballamos para facilitar que a xente non se vexa obrigada a saír de casa, para reducir ao máximo as posibilidades de expansión da enfermidade”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...