InicioSociedadeO confinamento evidencia a problemática da mala conexión a Internet nas zonas...

O confinamento evidencia a problemática da mala conexión a Internet nas zonas rurais

A 'brecha tecnolóxica' penaliza á Galicia non urbana e dificulta aínda máis a vida durante a corentena, ao complicar o teletraballo e as posibilidades de comunicación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O confinamento ditado á poboación para combater a expansión do COVID-19 evidencia a existencia da ‘brecha tecnolóxica’ que existe entre a contorna urbana e o rural de Galicia, que se ve “penalizado” ao ter peores conexións.

Así o defende o Colexio oficial de Telecomunicacións (Coettga) nun comunicado no que afirma que esta situación, que se pon de manifesto co aumento da demanda de medios telemáticos e de telecomunicacións froito do confinamento da poboación, leva sendo denunciada “durante anos” por veciños e institucións do rural galego.

“A pesar de que houbo un gran avance en moitas zonas, aínda quedan moitos puntos escuros no rural galego”, sinalou o decano do colexio, José M. Martínez. Segundo datos do Ministerio de Economía, máis de 3,2 millóns de habitantes teñen unha conexión a Internet deficiente cunha velocidade menor a 10MB.  En días de reclusión nas súas casas nos que, como apuntan, manter contacto social con familiares e achegados “faise máis importante”, denuncian que existen “familias, fogares e pobos” que carecen dunha conexión a Internet que permita, non xa traballar a distancia, senón comunicarse, ben por cuestións loxísticas ou por incapacidade económica.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...