InicioPolíticaO PP de Lugo pide que "non se desprecen os intereses de...

O PP de Lugo pide que “non se desprecen os intereses de Lugo” nos orzamentos estatais

Os populares proporán ao Goberno a creación dunha Unidade de Prevención e Reacción na Comisaría de Lugo para "paliar as súas carencias". Ademais, piden que se acepten as emendas da Xunta ao estatuto electrointensivo e que se cumpran os prazos previstos para as infraestuturas viarias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados e senadores do PP pola provincia de Lugo proferiron duras críticas esta mañá, nunha rolda de prensa, cara á xestión de Pedro Sánchez con respecto aos intereses lucenses e galegos. Por boca do deputado Jaime de Olano e o senador José Manuel Barreiro, declararon que “non permitirán” que os orzamentos estatais “traten a Galicia coma se fose unha autonomía de segunda“. Ademais, anunciaron que levarán a debate no Senado algunhas cuestións que afectan á provincia, como son a problemática de Alcoa ou a situación da Comisaría de Lugo.

Jaime De Olano, tamén vicesecretario de Participación do PP, amosou preocupación ante o teito de gasto anunciado polo Goberno para o 2020-2021, primeira fase para a aprobación dos presupostos xerais. Segundo o popular, este proxecto agoira uns orzamentos que renuncian á creación de emprego e ao impulso do crecemento económico. “Gasto e máis gasto”, criticou De Olano, que teme uns orzamentos cun grande investimento para Cataluña e un castigo para Galicia. “Sánchez está entregado aos independentistas”, asegurou. “Non pasaremos por que se nos adxudique menos ca outra comunidade”, lembrou, a fío da reclamación da débeda do IVE.

O senador lucense José Manuel Barreiro tamén se manifestou neste sentido. “Estamos a traballar para esixir ao Goberno que non se desprecen os intereses de Lugo nin de Galicia”. Así, anunciou varias iniciativas populares que afectan á provincia. Por un lado, Barreiro deu a coñecer que se presentou unha proposta no Senado para a creación dunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) na Comisaría de Lugo, algo que “viría a paliar as carencias que sofre”.

“O ACTUAL ESTATUTO ELECTROINTENSIVO NON DÁ SOLUCIÓN”

Ademais, o senador tamén mencionou a problemática de Alcoa, sobre a que presentarán unha moción para que o Goberno teña en conta as alegacións ao Estatuto para Consumidores Electrointensivos propostas pola Xunta de Galicia, Asturias e Cantabria. “En definitiva, que se corrixan as carencias que presenta o estatuto, porque co seu actual contido non dá solución ao futuro destas empresas”.

Por último, José Manuel Barreiro tamén anunciou unha próxima interpelación ao Ministerio de Fomento en aras de que informe sobre o estado das infraestruturas viarias na provincia de Lugo.  «As respostas que escoitamos nos últimos días son alarmantes; imos esixir que se cumpran os prazos que estaban previstos e que están recollidos no último orzamento, actualmente aínda vixente”, concluíu.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo xulgará unha muller por suposta estafa a través de SMS en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes a unha muller para a...

Identificado un grupo de motoristas por circular a gran velocidade por Lugo, un deles a 160 km/h nunha zona de 70

A Garda Civil de Lugo identificou a varios motoristas que circulaban superando "amplamente" os límites de...

A Fundación Reina Sofía realizará unha restauración forestal na Serra do Courel, afectada polos incendios de 2022

A Fundación Reina Sofía anunciou que realizará, en colaboración coa Xunta e a dirección...

O acusado de matar a Cristina Cabo: “Empatizo coa familia”

"Pido perdón polo que fixen, á súa familia e a todas as mulleres". Con...