InicioSociedadeLugo, terceira provincia galega en esperanza de vida

Lugo, terceira provincia galega en esperanza de vida

No conxunto de Galicia, as mulleres teñen seis anos máis de esperanza de vida que os homes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A esperanza de vida dun neno nado en Galicia no ano 2018 é de 83,34 anos, 0,22 anos máis que a esperada un ano antes e a máis alta de toda a serie histórica, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Así, a esperanza de vida en Galicia pasou dos 83,12 anos en 2017 aos 83,34 anos en 2018 e aumentou dous anos desde os datos de 2008. É o valor máis alto de toda a serie rexistrada polo IGE. Ademais, estes datos experimentaron un aumento tanto no caso das mulleres, cuxa esperanza de vida sitúase nos 86,4 anos, como dos homes, que están nos 80,18 anos.

Por provincias, a esperanza de vida máis elevada está en Ourense, cunha media de 83,69 anos; seguida de Pontevedra, con 83,67; Lugo, con 83,25; e A Coruña, onde a esperanza de vida é de 82,96 anos.

Por outra banda, a esperanza de vida aos 65 anos, entendida como a media de anos que quedan por vivir a unha persoa que cumpre esta idade, sitúase en Galicia nos 21,61 anos en 2018, por encima dos 21,45 do ano anterior.

Tamén a esperanza de vida ao cumprir 80 anos crece na Comunidade, pasando dos 10,04 anos de 2017 aos 10,41 anos de 2018. En todos os casos, os datos son máis elevados no caso das mulleres.

ÚLTIMAS

A Xunta apoia a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O goberno galego trasladou o seu apoio á candidatura de Lugo para ser sede...

Ferraz ratifica a Carmela López mentres o BNG garante a maioría na Deputación de Lugo ante as críticas do PP

A dirección federal do Partido Socialista ratificou na tarde deste luns á alcaldesa de...

Un cento de tractores toman Lugo contra o acordo UE-Mercosur e alertan da “desaparición” do sector primario

Un centenar de tractores percorreron este luns as rúas de Lugo para secundar a...

Rueda reta ao BNG a non facilitar a presidencia da Deputación de Lugo ao PSOE

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, retou ao BNG...