Home Lugo e contorna Lugo Detido un home que perseguía menores en Lugo para ofrecerlles cartos a cambio de relacións sexuais

Detido un home que perseguía menores en Lugo para ofrecerlles cartos a cambio de relacións sexuais

0
Detido un home que perseguía menores en Lugo para ofrecerlles cartos a cambio de relacións sexuais
Coche de Policía Nacional. ARQUIVO

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home lucense, de 40 anos, por un delito de indución á prostitución de menores. Xa tiña antecedentes por feitos similares.

Segundo relatan fontes policiais, o pasado día 3 de febreiro, o individuo achegouse a un menor e ofreceulle cen euros a cambio de servizos sexuais. O menor rexeitouno de inmediato e ausentouse do lugar.

Con todo, o home seguiu ao menor de maneira reiterada pola Fonte dos Ranchos, zona onde se produciron os feitos. Así as cousas, o agora denunciante comunicoulle aos seus proxenitores o que sucedía e mesmo chegou a amosarlles de que persoa se trataba.

REINCIDENTE

Máis tarde, procederon a realizar a correspondente denuncia en dependencias policiais, de maneira que se iniciaron as investigacións pertinentes que deron como resultado a detención deste home. Sobre o individuo xa constaban antecedentes por feitos similares, tal como asegura a Policía. De todo isto informouse á Autoridade Xudicial, ante a que se pon a disposición o agora detido.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here