InicioPolíticaEn Marea solicita un aumento dunhas vinte persoas no persoal do servizo...

En Marea solicita un aumento dunhas vinte persoas no persoal do servizo de menores de Lugo

Paula Verao presentou unha Proposición Non de Lei para solicitar a mellora dos servizos de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

PUBLICADA O

- Advertisement -

En Marea rexistrou no Parlamento unha iniciativa para mellorar o servizo de menores da provincia de Lugo. A deputada Paula Verao solicitiou un “aumento do persoal” para “evitar a sobrecarga dos traballadores e traballadoras e o estrés derivado desta situación”.

No ano 2019, o persoal do servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da provincia de Lugo trasladou á Consellería de Política Social unha serie de necesidades e problemas que non se resolveron a inicios de 2020. Segundo o persoal serían precisas unhas vinte persoas máis no servizo, algo que a Consellería coñece dende o ano 2018. Ademais, as substitucións de persoal vacante que se teñen producido foron moi lentas e precisaríase un equipo específic para emerxencias, cunhas catro ou cinco persoas.

SOBRECARGA DE TRABALLO

Paula Verao lembrou que “a Consellería foi informada sobre o gran número de horas de traballo que debe ocupar o persoal fóra da xornada laboral para poder sacar adiante os casos, horas que non son remuneradas”. Deste xeito, o persoal propuxo facilitar a modalidade de teletraballo para a axilización de informes, pois este labor é interrompido ao longo da mañá na xefatura territorial.

A Consellería limitouse a colocar un ordenador nunha sala de reunións para a realización de informes, pero non é o lugar axeitado, aseguran dende En Marea. A insuficiencia de persoal e o atraso na realización de informes implica, aos seus ollos, unha falta de axilidade na valoración e seguimento dos casos urxentes con calidade.

PROTOCOLOS DE ACTUACIÓN

Paula Verao tamén reivindicou a solicitude do persoal de ter protocolos claros de actuación en todas as provincias, tendo en conta a Lei de protección de Menores, a Lei de protección de datos e a lexislación sobre procedemento administrativo. Pola súa parte, a Consellería respondeu que xa se comunicou esta cuestión e que se está a traballar en ditos protocolos para toda Galicia.

Por último, tamén resaltou outra demanda do persoal do servizo á Consellería, “a falta de seguridade e de intimidade pola localización do servizo dentro do edificio administrativo da Xunta”.

ÚLTIMAS

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

Localizado en Lugo un mozo fuxido dun centro de menores

A Policía Local de Lugo localizou o pasado domingo, día 12 de xaneiro, a...