InicioSociedadeUn xulgado non ve ilegal que o secretario do Colexio de Veterinarios...

Un xulgado non ve ilegal que o secretario do Colexio de Veterinarios retirara documentos da sede

A presidenta do organismo, apoiada por tres directivos, presentara no 2018 unha denuncia contra o secretario por ter accedido a documentación colexial. O Consello Galego de Veterinarios xa descartara calquera tipo de infracción nesa conduta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra non admitiu o recurso presentado polo Colexio de Veterinarios de Lugo contra a decisión do Consello Galego de Veterinarios, que validara como correcto o feito de que o secretario retirara documentación da sede para o seu uso.

Contra este fallo, con data do 31 de xaneiro, cabeinterpoñer un recurso de apelación nun prazo de 15 días ante este xulgado, para a súa remisión ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O CONSELLO GALEGO NON VIRA INFRACCIÓN

A presidenta do Colexio Veterinarios de Lugo, Ana María López Pombo, apoiada por tres directivos, presentara no 2018 unha denuncia contra o secretario por ter accedido a documentación colexial. Pero, no seu día, o Consello Galego de Veterinarios, máximo órgano de decisión na Comunidade da profesión, xa considerou que a actuación do secretario fora correcta e dentro das súas funcións.

Agora, na súa argumentación de fundamentos de dereito, o xulgado remarca que o Consello Galego designou un instrutor para que investigase o acontecido, e tanto este como o propio Consello, “concluíron motivadamente a improcedencia de incoar un procedente sancionador ao non corresponderse a conduta denunciada con ningún dos concretos tipos infractores tipificados na normativa corporativa profesional”.

ÚLTIMAS

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...