InicioSociedadeA comunidade ortodoxa en Lugo: "A xente estráñase de ver un sacerdote...

A comunidade ortodoxa en Lugo: “A xente estráñase de ver un sacerdote acompañado de muller e nenos”

Non existe un rexistro de crentes ortodoxos en Galicia, mais algunhas estimacións falan de entre 10.000 e 15.000. Radu Iacob é sacerdote da parroquia ortodoxa de Lugo, que tamén abrangue a provincia de Ourense. Este relixioso romanés está casado e ten tres fillos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Igrexa Ortodoxa en Galicia podería ter un número de seguidores arredor dos 800 ou 900, se se fai caso aos datos que ofrece o IGE sobre inmigrantes procedentes de países onde esta fe é maioritaria. Mais a enquisa só rexistra a Rusia, Ucrania, Rumanía e Bulgaria como lugares de procedencia de potenciais comunidades ortodoxas. Tamén habería que ter en conta galegos e galegas que se converteran a esta fe, outras nacionalidades, como os gregos, e coñecer o número real de practicantes que asisten ás eucaristías. En Galicia existen tres parroquias, a máis recente delas é a de Lugo que atende sobre todo a comunidade romanesa.

Radu Iacob é sacerdote na parroquia ortodoxa de Lugo. Segundo explica, a eucaristía ou misa ortodoxa non ten grandes diferenzas con respecto á católica romana. “As partes principais son as mesmas, veñen dos primeiros ritos cristianos, o caso é que todo está cantado e a misa é máis longa, unha hora e media”.

As igrexas ortodoxas son igrexas nacionais: non hai unha cabeza universal como no caso do catolicismo co Papa ou bispo de Roma. “Cada país ten o seu patriarca e, polo tanto, o idioma da misa é o do país normalmente”. Tamén hai igrexas ortodoxas en linguas como o árabe, sobre todo situadas en Oriente Medio.

CELIBATO VOLUNTARIO

Os curas ortodoxos poden estar casados, mais deben estar casados antes de seren ordenados sacerdotes. Radu, por exemplo, ten muller e tres fillos. Coñeceu a súa muller cando xa vivía en España nunha igrexa ortodoxa romanesa. As familias xa se coñecían e logo casaron. O bispo que dirixía a diócese onde estaba Radu faloulle de ordenarse. “A miña muller e eu pensámolo durante unha semana e finalmente ela deume o seu apoio”.

O papel da muller é moi importante para o sacerdote. “Algúns din que é o 50% do traballo parroquial é cousa da muller”, di Radu. “Ás veces hai xente que se sorprende de ver un cura con sotana acompañado dunha muller e nenos”.

AS MISAS EN LUGO

Segundo este sacerdote en Galicia había 9.000 romaneses rexistrados, aínda que el mesmo  admite descoñecer o número real de persoas que poderían estar dentro da súa demarcación. “A media de persoas que acoden á misa anda sobre as 30 ou corenta persoas”.

Ás veces acoden persoas doutros países. “Recibimos a un búlgaro e hai pouco bautizamos a filla dunha parella xeorxiana. Sei que hai máis, como rusos ou ucranios. É posible que non veñan ao pensaren que só oficio en romanés”. Radu engade que tamén fai celebracións en español para as persoas doutras nacionalidades.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

 

ÚLTIMAS

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Detido un home que se desprazaba en patinete para vender droga en Lugo

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun delito de...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...

O Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo cuartel de San Fernando

O Concello de Lugo reclamou á Xunta que execute de inmediato a recuperación do...