InicioCulturaO alumnado de Lugo mergúllase no coñecemento do océano co proxecto 'Mar...

O alumnado de Lugo mergúllase no coñecemento do océano co proxecto ‘Mar Interior’

O Centro Oceanográfico de Vigo impartirá charlas, talleres e debates para espertar o interese pola investigación mariña que se desenvolve en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O proxecto ‘Mar Interior: un océano de oportunidades no corazón de Galicia’ chega a comarcas do interior galego para achegar coñecemento científico sobre o medio mariño á comunidade educativa dos concellos de Lugo e Monforte de Lemos.

Debido á súa localización, os estudantes destas rexións non adoitan estar en contacto coas actividades relacionadas co océano. Por iso, o Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO) ofrecerá charlas e talleres a estudantes de Formación Profesional e de institutos do interior.

Así o presentaron esta semana a deputada provincial Pilar García Porto, a directora do centro vigués, Victoria Besada, e a investigadora do mesmo centro Isabel Riveiro. Segundo explicaron, o obxectivo desta iniciativa é destacar “e visibilizar o labor investigador que se desenvolve en Galicia no ámbito mariño”, así como “achegar a ciencia, tecnoloxía e innovación á comunidade educativa e ao público en xeral” para “espertar a súa curiosidade e interese científico ante o funcionamento do medio mariño e a súa protección”.

BRECHA DE XÉNERO

Este labor tratarana de cumprir as charlas, debates e talleres que se celebrarán en cada concello, á vez que tamén buscan “fomentar a igualdade en ciencia e contribuír a corrixir a brecha de xénero en materia de I+D+i”.

En concreto, Lugo iniciará as sesións o 18 de febreiro e clausuraraas o 22 do mesmo mes, mentres que en Monforte celebraranse entre o 24 e o 26 de marzo. É preciso inscribirse previamente a través do correo ieo.vigo@ieo.es.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...