InicioMedioambiente e PatrimonioLugo Monumental reclama un plan de escavacións para o casco histórico da...

Lugo Monumental reclama un plan de escavacións para o casco histórico da cidade

Propoñen que as administracións adiantes os labores de escavación para que os propietarios non teman quedar na ruína á hora de rehabilitar os edificios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Lugo Monumental dirixirase ao Concello de Lugo e á Xunta de Galicia para presentarlles o seu Plan de Escavacións do centro histórico da cidade. Pretenden que as administracións se ocupen das tarefas de escavación en todos os solares particulares, de maneira que os seus propietarios poidan planificar o futuro das parcelas con coñecemento do que se agocha baixo terra.

Lugo Monumental sinala que “o maior inconveniente” para rehabilitar ou construír un edificio no casco histórico é a alta probabilidade de atopar restos arqueolóxicos, un “perigo” que debe entenderse, din, ligado ao risco económico que pode implicar para o promotor da obra. E é que son os donos dos inmobles os que deben facer fronte ao custo das escavacións, aínda que logo a administración figure como propietaria dos restos que poidan aparecer.

Así pois, insisten en que “Lugo Monumental está a favor da escavación, estudo e conservación do noso patrimonio”, pero tamén de “buscar solucións para os propietarios que hoxe día non se atreven a rehabilitar os seus inmobles xa que corren un serio risco de ruína”.

Por iso, eles propoñen que se poña en marcha o Plan de Esvacacións, de modo que as administracións actúen en todos os solares e locais que os propietarios poñan á súa disposición. Para levar a cabo tal operación, esta asociación suxire que se tire da partida orzamentaria que o PEPRI recolle desde os anos noventa de 1,2 millóns de euros “e que nunca se executou”.

As vantaxes que traería canda si este plan irían dende un “avance na comprensión e estudo da cidade medieval” ata unha “redución de custos” e menos paralizacións de proxectos.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...