InicioCulturaO legado da Xeración Nós chega a Lugo para celebrar o centenario...

O legado da Xeración Nós chega a Lugo para celebrar o centenario da súa revista

O Ateneo Galeguista de Lugo organiza unha táboa redonda o vindeiro venres 17 de xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación cultural Ateneo Galeguista de Lugo inicia as celebracións polo centenario do nacemento da revista Nós. Faino cunha táboa redonda que leva por título ‘O legado da Xeración Nós’.

O encontro está previsto para o vindeiro venres 17 de xaneiro, ás 18:30 horas, no salón de actos da Biblioteca Nodal de Lugo. Nel participarán cinco homes relacionados coa herdanza dos escritores que conformaron o grupo Nós.

En concreto, son Miguel Anxo Seixas Seoane, vicepresidente da Fundación Castelao; Luis Martínez-Risco Daviña, presidente da Fundación Vicente Risco; Juan Luis Saco Cid, presidente da Fundación Otero Pedrayo; Luis González Tosar, membro do Padroado da Fundación Losada Diéguez; e Jose María Eguileta Franco, arqueólogo estudoso da figura de Florentino López Cuevillas.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...