Home Lugo e contorna Lugo Cazado en Lugo a case 100 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50

Cazado en Lugo a case 100 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50

0
Cazado en Lugo a case 100 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50
Policía Nacional | CNP

Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron onte, 7 de xaneiro, un condutor que circulaba a case 100 quilómetros por hora polo centro urbano da cidade, na zona norte.

A Policía Local estableceu un control nesa área da cidade coa axuda dun vehículo policial equipado cun cinemómetro. Fíxoo así como consecuencia das queixas veciñais e das denuncias relacionadas coa alta velocidade á que circulaban os coches por determinadas rúas. Nese control foron denunciados 33 vehículos por superar a velocidade máxima permitida.

O coche que pasou a unha maior velocidade polo punto de control circulaba a 97 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50, de modo que o seu condutor se enfronta a unha sanción de 500 euros e á retirada de seis puntos do carné.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here