InicioSucesosFalece a exconcelleira de Lugo Luisa Zarzuela

Falece a exconcelleira de Lugo Luisa Zarzuela

Fora edil do Concello de Lugo entre os anos 2003 e 2011, durante o mandato de Orozco.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A exconcelleira socialista de Lugo Luisa Zarzuela faleceu nas últimas horas aos 70 anos de idade, despois dunha longa enfermidade.

Así o confirmou o goberno local da cidade. De feito, a propia alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, en nome do executivo local, lamentou “profundamente” o falecemento de Luisa Zarzuela, que foi concelleira entre os anos 2003 e 2011, con José López Orozco como presidente da corporación municipal. Entre outros cargos, ocupouse da área de Servizos Xerais.

Como alcaldesa, Méndez quixo transmitir “toda a solidariedade e todo o afecto nestes momentos tan difíciles á súa familia e aos achegados”. Tamén expresou as súas condolencias á “militancia do Partido Socialista, organización desde a que Luisa Zarzuela consagrou unha parte importante da súa vida, con xenerosidade e de forma incansable, á defensa dos dereitos sociais e á mellora das condicións de vida da cidadanía lucense”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...