InicioSociedadePilar de Lara seguirá exercendo "con normalidade" en Lugo ata mediados de...

Pilar de Lara seguirá exercendo “con normalidade” en Lugo ata mediados de xaneiro

Está á espera de que se resolva a súa solicitude de suspensión cautelar da sanción que podería implicar a perda de destino. O seu avogado sabe que "estatisticamente" é moi difícil que llela concedan, pero mantén a esperanza debido ás particularidades do caso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O avogado da xuíza Pilar de Lara, Agustín Azparren, precisou que a maxistrada seguirá traballando con “normalidade” á fronte do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo como mínimo ata “mediados de xaneiro”.

En declaracións a EFE, explicou que a xuíza está á espera de que o Tribunal Supremo se pronuncie en relación coa suspensión cautelar da sanción solicitada pola súa defensa. Ao tratarse dunha “falta moi grave de desatención no exercicio das competencias xudiciais”, a execución da sanción implicaría a perda de destino.

Azparren recoñeceu que “estatisticamente” o dato “é demoledor”, porque o Tribunal Supremo “só” accedeu “nunha ocasión” a suspender de forma cautelar a execución dunha sanción disciplinaria imposta polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX). Aínda así, mantén a esperanza dunha resolución favorable aos intereses da maxistrada polas particularidades do seu caso.

COMPROMISO DE PECHAR AS MACROCAUSAS ABERTAS

De calquera forma, e “poñéndose no peor”, a xuíza permanecerá á fronte do Xulgado ata “mediados de xaneiro”. Así, terá tempo para desenvolver o seu traballo “dentro dos cálculos previstos”, tendo en conta de que se comprometeu a pechar as macrocausas abertas antes de que se executase a sanción.

“De momento non se sabe nada”, asegurou o letrado. “Normalmente transcorre un mes máis ou menos desde que se pide” a suspensión da sanción ata que hai unha resolución por parte do Supremo, pero “con festas polo medio” non se espera unha resposta “antes de mediados de xaneiro”.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...