InicioLugo e contornaLugoO PP di que a nova empresa adxudicataria do Antonio Gandoy comeza...

O PP di que a nova empresa adxudicataria do Antonio Gandoy comeza o ano con incumprimentos

Aseguran que o servizo de transporte non foi posto en marcha, polo que moitos usuarios tiveron que quedar na casa. Segundo eles, o goberno local debería garantir que se respectasen os pregos de condicións "dende o primeiro día".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular de Lugo denuncia que a empresa que hoxe comezaba a xestionar o centro de día municipal Antonio Gandoy non cumpriu coas condicións pactadas no prego de condicións. Os populares critican o goberno local por “non preocuparse” de revisar se os contratos municipais están a ser acatados ou non.

O voceiro municipal do PP, Ramón Carballo, detallou que os traballadores do Antonio Gandoy se atoparon esta mañá con que a empresa non puxera en funcionamento o servizo de transporte. Por iso, aqueles usuarios aos que os seus familiares non puideron achegar ao centro non tiveron máis remedio ca quedar nas súas casas, segundo aseguran os populares. “Todos os servizos teñen que funcionar dende o primeiro día”, sinalou Carballo.

Os incumprimentos non rematarían aí, senón que tamén se estenderían á dispoñibilidade de material: o PP afirma que os traballadores non contaron co uniforme nin cos equipos informáticos necesarios. A maiores, sosteñen que a empresa non respectou as condicións laborais xa asentadas previamente.

“Son unha serie de graves incumprimentos que se dan no primeiro día, sen que o bipartito faga algo para garantir os dereitos de traballadores e usuarios do centro”, resaltou Ramón Carballo, quen lembrou os meses de impagos e ausencia de material aos que tiveron que facer fronte os empregados.

Sendo así, o voceiro popular anunciou que presentarán preguntas ante a comisión correspondente para coñecer os motivos destes problemas e esixir ao goberno que exerza a súa tutela de maneira axeitada sobre a nova empresa adxudicataria.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...