InicioSociedadePosible caso de abuso sexual en Lugo durante a noite de Fin...

Posible caso de abuso sexual en Lugo durante a noite de Fin de Ano

Tres mozos que pasaban polo lugar acudiron na axuda da rapaza e lograron reter o individuo ata que apareceu a Policía. Fontes da Comisaría descartan que se chegara a producir unha violación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha rapaza de 16 anos sufriu abuso por parte dun home de 35 durante a noite de Fin de Ano en Lugo. Tres mozos auxiliaron a adolescente cando o individuo trataba de achegarse a ela e conseguiron retelo ata que chegaron os axentes de policía.

Segundo informaron este xoves a Efe fontes da Comisaría, os feitos sucederon moi preto da Comandancia da Garda Civil de Lugo. Concretamente, na rúa Jacinto Calvo, a vía que conecta a rúa Galicia e a Praza de Bretaña coa rúa San Roque.

A AXUDA DOS VIANDANTES FOI CLAVE

As mesmas fontes explicaron que, ante os berros de auxilio da rapaza, tres mozos que se atopaban na zona acudiron na súa axuda. Ao percibir a súa presenza, o individuo que supostamente abusara da rapaza quixo escapar, pero entre todos lograron retelo.

Un dos mozos chamou ao 112, dende onde se pasou o aviso á Comisaría. Asemade, unha patrulla da Garda Civil que pasaba polas inmediacións encargouse de custodiar o presunto autor do abuso sexual ata que chegaron os axentes do Corpo Nacional de Policía. “A colaboración cidadá sempre é o mellor que se pode facer”, destacaron.

DESCÁRTASE VIOLACIÓN

O home foi detido e trasladado aos calabozos das dependencias policiais, dado que segundo as mesmas fontes, foi autor dun suposto “abuso sexual, claro e patente”, aínda que se descartou que chegase a producirse unha violación. Esta mañá permanecía en dependencias da Policía Nacional á espera de que hoxe pase a disposición xudicial.

Pola súa parte, a menor foi trasladada en ambulancia ata o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para someterse a unha serie de análise e probas protocolarias que se realizan neste tipo de casos. Logo diso, a rapaza e súa nai acudiron á comisaría para denunciar os feitos.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...