InicioSociedadeO temporal 'apaga' 10.000 fogares do rural de Lugo

O temporal ‘apaga’ 10.000 fogares do rural de Lugo

O máximo refacho de vento na xornada deste sábado alcanzouse en Viveiro, pero tamén se chegaron aos 124 quilómetros por hora na Pontenova e na montaña dos Ancares, en Cervantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vento zoa con forza en toda a provincia de Lugo e chega a alcanzar os valores máis elevados da autonomía. Viveiro rexistrou refachos de 183 quilómetros por hora, e as estacións meteorolóxicas mediron ventos de 155 quilómetros por hora na montaña dos Ancares, en Cervantes, ou por encima dos 130 na Pontenova e Burela.

En Lugo o 112 rexistrou 325 incidencias, e en toda Galicia, xa son un total de 60.000 os fogares galegos que se atopan sen subministración eléctrica a causa do temporal. As zonas máis afectadas son a montaña de Lugo e Ourense, esta última é a provincia que máis sufriu os efectos do temporal que se instaurou este fin de semana en Galicia. Ás 11,00 horas deste domingo, 25.000 fogares permanecen sen electricidade en Ourense, 15.000 na Coruña, 10.000 en Lugo e 10.000 en Pontevedra.

A maior parte destes cortes teñen a súa orixe na caída de árbores, ramas ou cortizas das árbores sobre as liñas do tendido eléctrico a causa do forte vento, que superou os 160 quilómetros por hora en distintos puntos. O temporal, que mantén a súa virulencia, así como as dificultades de acceso ás liñas eléctricas afectadas, están a complicar o traballo das brigadas.

No entanto, seguen aparecendo incidencias de pouca importancia nalgunhas estradas secundarias pola caída de árbores e outros obxectos sobre o firme. A máis “importante agora mesmo” produciuse no municipio lugués de Baralla, no tramo de estrada que une a saída 469 da A-6 coa N-V. Alí caeu unha árbore que obrigou a cortar o tráfico ata que se consiga retirar o obstáculo e recuperar a seguridade da zona para restaurar a circulación.

RECOMENDACIÓNS

Ante esta situación, que se manterá ata a noite deste sábado, os servizos de emerxencia recomendan evitar calquera tipo de actividade no exterior durante o día polo risco de caída de árbores, obxectos ou mobiliario urbano. Tamén é recomendable prestar atención ás alarmas por risco de inundación e lembrar o número de atención ás emerxencias, o 112.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...