InicioSucesosFalece no HULA o neno que sufrira un accidente de tráfico o...

Falece no HULA o neno que sufrira un accidente de tráfico o pasado xoves

Os seus compañeiros de instituto gardarán hoxe un minuto de silencio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Faleceu nas últimas horas na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do HULA o neno de 14 anos que o pasado xoves sufriu un grave accidente na estrada Nacional VIN, no tramo entre As Saamasas e Garabolos, que actúa como circunvalación da cidade de Lugo, cando viaxaba no coche que conducía o seu irmán, outro rapaz de 18 anos de idade.

Nese accidente, o segundo que se producía en poucos días nunha zona de gran sinistralidade, dous coches chocaron frontalmente e tamén resultou ferido o seu irmán e a condutora do outro vehículo, unha muller de 37 anos, aínda que no seu caso as lesións foron de carácter leve.

O menor tivo que ser excarcerado polos bombeiros do amasillo de ferros no que quedou convertido o habitáculo do turismo no que viaxaban e desprazado de urxencia ao HULA onde permaneceu ingresado en estado moi grave durante a última semana.

O falecido cursaba segundo de secundaria no Instituto Leiras Pulpeiro de Lugo, onde este xoves se gardará un minuto de silencio, a partir das 12:00 horas, como homenaxe póstuma ao seu compañeiro.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...