InicioSen categorizarO propietario dun suposto "puticlub" absolto de prostitución porque el só lle...

O propietario dun suposto “puticlub” absolto de prostitución porque el só lle cobraba ás mulleres “polo almorzo, a comida e a cea”

Absoltos os catro acusados de obrigar a mulleres estranxeiras a prostituírse en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a catro acusados de obrigar a mulleres estranxeiras en condicións precarias a exercer a prostitución nun club de alterne situado no municipio lucense de Guntín. As razóns, segundo o xuíz, “a falta de grantía de testemuño” dunha das denunciantes.

No banco dos acusados sentaron o propietario do establecemento, a súa parella e dúas encargadas, para quen o ministerio público solicitaba penas que ían desde o oito até os 15 anos de cárcere.

“Dada a absoluta falta de garantía de testemuño prestada pola única testemuña de cargo, concluímos que non se acreditou ningún feito susceptible de integrar os tipos penais obxecto da acusación, de maneira que ao non resultar desvirtuada a presunción de inocencia dos acusados, e en virtude do principio in dubio pro reo, procede a súa libre absolución”, indica a sentenza.

A Fiscalía imputáballes delitos de prostitución, contra os dereitos dos traballadores e trata de seres humanos. O propietario do club de alterne Tara negou os feitos na vista oral que se celebrou na Audiencia Provincial de Lugo.

No transcurso da súa declaración, o acusado negou mesmo que o seu establecemento fose un club de alterne, dixo que era “un pub” e que el simplemente lles cobraba ás mulleres polo almorzo, a comida e a cea, porque “vivían alí e estaban alí”, pero non existía ningunha outra “relación” entre eles.

“Non sei o que facían no cuarto”, asegurou, porque “cada unha tiña a súa chave para entrar e saír e alí estaba a que quería”, pero en ningún caso forzadas por el ou polos outros tres acusados.

+ posts

ÚLTIMAS

A Presidenta abre a tempada das rutas fluviais pola Ribeira Sacra e que conta xa con case 14.000 reservas

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada de deputados e deputadas provinciais...

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...