InicioLugo e contornaLugoUn detido en Rábade tras ser localizado o cadáver dun home con...

Un detido en Rábade tras ser localizado o cadáver dun home con signos de violencia

A Garda Civil detivo este sábado no municipio lucense de Rábade a un home pola súa posible vinculación co homicidio dun home, cuxo cadáver foi localizado este mediodía con signos de violencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo este sábado no municipio lucense de Rábade a un individuo pola súa posible vinculación co homicidio dun home, cuxo cadáver foi localizado este mediodía con signos de violencia.

Segundo confirmaron fontes próximas á investigación, o cadáver da vítima, duns 60 anos, foi achado pasadas as 14,00 horas deste sábado na súa vivenda, na avenida Coruña de Rábade, onde buscaban probas.

As forzas de seguridade foran alertadas previamente indicando que neste domicilio se producira un homicidio. Personados no lugar, atopáronse na porta da vivenda cun home que tiña unha man ensanguentada e que lles asegurou ser o autor da chamada de alerta.

Os axentes localizaron no interior da vivenda o cadáver dun home duns 60 anos con signos de ser estrangulado. Un equipo médico confirmou que se atopaba falecido.

Por iso, procederon á detención do outro home, duns 40 anos e que residía na vivenda na que se produciron os feitos. As primeiras informacións apunta a que podería tratarse do irmán do falecido.

+ posts

ÚLTIMAS

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...