InicioLugo e contornaLugoA Policía detén un home e investiga outros cinco por unha pelexa...

A Policía detén un home e investiga outros cinco por unha pelexa nun local de lecer de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home e investigan outros cinco pola súa implicación nunha liorta ocorrida o pasado 10 de novembro nun local de lecer da zona da Catedral e que continuou despois na rúa Clérigos.

Os axentes foron requiridos para unha primeira intervención esa noite nun local de lecer da cidade, ante o que parecía ser unha “rifa tumultuaria” entre dous grupos de mozos. Finalmente, a pelexa converteuse nunha liorta na que un grupo agrediu a dous mozos.

Postas as correspondentes denuncias en dependencias policiais por parte dos agredidos, a Policía iniciou unha investigación sobre o sucedido. En total, tomouse declaración a 12 mozos, todos eles maiores de idade, e explorouse a un menor.

Cos datos solicitados, os axentes determinaron que a noite do 10 de novembro, un grupo de mozos se atopaba nun pub da cidade cando un dos integrantes, que posteriormente resultou lesionado, se achegou a un home doutro grupo que “lle propinou un golpe, facendo espaventos cos brazos e falando en ton ameazante”.

Á vista dos feitos, proseguen os axentes, os integrantes deste grupo macharon do local e dirixíronse á zona de Clerigos, onde novamente se atopan os dous grupos e comezou a liorta. Entre as lesións, os mozos sufriron politraumatismos e un deles a rotura dos ósos do nariz.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...