InicioSociedadeAs xornadas 'Drone Day' achegan o interese polas novas tecnoloxías ao estudantado...

As xornadas ‘Drone Day’ achegan o interese polas novas tecnoloxías ao estudantado de Lugo

Esta iniciativa, que se desenvolve no aeródromo de Rozas, vai dirixida a alumnos de 2º e 3º da ESO.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A multinacional aeronáutica Boeing, en colaboración coa Xunta, organizou hoxe no Aeródromo de Rozas unha das xornadas ‘Drone Day’, que se enmarca dentro das actividades programadas para incentivar as vocacións no ámbito do desenvolvemento científico-tecnolóxico no Polo Aeroespacial de Galicia.

Neste acto, dirixido a alumnos de secundaria, participou a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, así como a responsable do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), Neves Seoane.

Durante dez días, estudantes de secundaria de Burela, Castro de Rei, Lugo, Monforte de Lemos e Xove, fundamentalmente de 2º e 3º da ESO, participarán en sesións de cinco horas de duración, en clases cun aforamento máximo de 30 alumnos.

Patricia Argerey explicou que “a finalidade destes talleres é introducir aos estudantes, de forma dinámica e entretida, no uso e funcionalidades das tecnoloxías vinculadas aos drones, para familiarizalos coas súas aplicacións e uso”.

Lembrou, ademais, que esta iniciativa se enmarca nos compromisos asinados pola Xunta de Galicia cos seus socios tecnolóxicos no marco da Civil UAVs Initiative para fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre os mozos galegos e, en especial, o interese polas carreiras STEM -ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas-.

Ademais do ‘Drone Day’ e das aulas ‘Newton’, organizadas conxuntamente con Boeing, a Xunta ten previsto celebrar outros talleres, charla, concursos e visitas ao CIAR para conseguir ese obxectivo.

O programa de vocacións científico-tecnolóxicas pretende chegar a máis de 1.000 escolares, máis de 100 universitarios e a case 2.000 persoas interesadas no sector aeroespacial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...