InicioPolíticaCiudadanos asegura que PP e PSOE "non foron útiles" para a provincia...

Ciudadanos asegura que PP e PSOE “non foron útiles” para a provincia de Lugo en 40 anos de democracia

O candidato de Cidadáns pola provincia de Lugo, José Manuel Branco, criticou este xoves que, en 40 anos de democracia, "o PP e o PSOE non foron útiles para a provincia" e reivindicou o compromiso da súa formación para que Lugo "sexa escoitado no Congreso".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato de Ciudadanos pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco, criticou este xoves que, en 40 anos de democracia, “o PP e o PSOE non foron útiles para a provincia” e reivindicou o compromiso da súa formación para que Lugo “sexa escoitado no Congreso”.

“O voto útil é o que sexa útil para vostedes. Que ninguén vos diga cal é o voto útil”, dixo Blanco, que criticou o abandono que sofre a provincia, onde “faltan infraestruturas, autovías ou a chegada do AVE”.

De cara ao próximo domingo, o candidato indicou que se compromete a representar á provincia no Congreso, xa que “Lugo merece outra representación” en Madrid, coa que poida “ser escoitada”. “Pido o voto convencido para Ciudadanos porque quero o mellor para esta provincia”, resolveu.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...