InicioSucesosDetidas dúas mozas mentres tentaban roubar con forza en varios vehículos

Detidas dúas mozas mentres tentaban roubar con forza en varios vehículos

As dúas foron levadas ao xulgado de garda que declarou a súa posta en liberdade á espera do xuízo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada Provincial de Seguridade Cidadá detiveron en Lugo a dúas mulleres duns 20 anos, e veciñas da cidade, por roubo con forza, á vez que evitaron a substracción dun vehículo.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos producíronse o pasado venres na zona da Avenida Fontiñas e a rúa Ramón Montenegro. A sala do 091 recibiu unha chamada na que un cidadán alertou da presenza de dúas persoas que tenteaban os vehículos estacionados na Avenida Fontiñas á altura da panadaría Ousa.

As mesmas fontes relataron que mentres unha trataba de abrir unha furgoneta estacionada, a outra vixiaba, polo que se puxo en marcha ás dotacións de Radiopatrullas, á vez que este cidadán informou de que ambas persoas se ausentaban do lugar en dirección rúa Ramón Montenegro polo ascensor situado alí.

Por iso, de inmediato unha das patrullas dirixiuse a este lugar, onde localizou a unha das autoras que portaba un desaparafusador e un martelo. Mentres, a outra non foi localizada nun primeiro momento.

Deste xeito procedeuse á detención da moza por un delito de roubo con forza. Horas despois foi localizada a outra autora dos feitos, a quen se lle imputa o mesmo delito.

De todo iso foi informado o xulgado de garda, a cuxa disposición foron postas as detidas na mañá seguinte, tras o que se decretou a súa posta en liberdade á espera do correspondente xuízo.

MOZO BUSCADO

Doutra banda, axentes da Policía Nacional da Brigada de Seguridade Cidadá localizaron nunha hospedaría a un mozo veciño de Lugo, buscado desde o pasado mes de setembro por un roubo na Confraría da Carmen.

Unha vez repasados os datos das hospedarías da cidade, os policías comprobaron que este veciño, buscado por un roubo ocorrido en mes de setembro, atopábase nun dos hostais de Lugo, polo que se dirixiron membros da Policía Nacional ao lugar, onde o detiveron para poñelo a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...