InicioMedioambiente e PatrimonioAprende a mellorar a produción da castaña

Aprende a mellorar a produción da castaña

Concello e Campus Terra da USC organizan un curso de coidado e poda de castiñeiras de variedades tradicionais de Galicia no novo pulmón verde LIFE das Gándaras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo impulsa da man da Universidade e a través do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico a bioeconomía vinculada á castaña con talleres para mellorar a súa produción. Entre esta accións está o desenvolvemento dun taller formativo sobre o proceso de coidado e poda dos castiñeiros galegos que se organizará no novo pulmón verde LIFE na zona de As Gándaras. Nesta zona é onde o Campus Terra da USC está investigando o potencial de producción da madeira como produto renovable, reciclable, de elevada eficiencia enerxética e de elevada calidade para distintas transformacións industriais.

“A economía verde suporá para Lugo un revulsivo a nivel empresarial e industrial, transformando o modelo económico da cidade e xerando novos empregos verdes”, apunta o Concello nun comunicado.

Estes obradoiros serán unha actividade aberta durante os meses de novembro e decembro a calquera persoa interesada en coñecer todo o proceso de coidado e poda dos castiñeiros galegos, de cara a mellorar e fomentar súa produción de castañas, un dos valiosos recursos naturais de Lugo. Serán impartidos por Pablo Antonio Fraga Gontán, enxeñeiro agrónomo, e Juan Luis Fernández Lorenzo, doutor en Ciencias Biolóxicas e profesor da USC, ambos membros do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poderán inscribirse a través dun formulario dispoñible na web lugobiodinamico.eu, ata un máximo de 15 inscricións por grupo. Na inscrición deberán indicar a data e hora na que prefiren participar. No caso de choiva ou condicións meteorolóxicas que non permitan a realización da actividade, esta será cancelada.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...