InicioLugo e contornaLugoHomenaxe e Medalla de Ouro da cidade de lugo a todos os...

Homenaxe e Medalla de Ouro da cidade de lugo a todos os alcaldes do post franquismo

Recibirán a Medalla de Ouro do Concello de Lugo Xosé Novo Freire, Vicente Quiroga Rodríguez, Tomás Notario Vacas, Joaquín María García Díez e Xosé Clemente López Orozco.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, convocaba esta mañá unha Xunta de Portavoces extraordinaria para propoñer ao resto dos grupos da Corporación o recoñecemento aos alcaldes da democracia que tivo o Concello outorgándolles a Medalla de Ouro da Cidade.

“Este ano no que celebramos o 40 aniversario da chegada da Democracia ao noso país, o Pleno do Concello de Lugo quere recoñecer a labor dos alcaldes que estiveron ao fronte do Consistorio desde que en abril de 1979 os votos das e dos lucenses impulsaron unha nova etapa de apertura, liberdade e modernización, unha nova etapa de esperanza tras preto de corenta anos de ditadura franquista”, enxalzou Lara Méndez.

A alcaldesa lembrou que a Medalla de Ouro de Lugo é a máxima distinción que o Concello outorga aos seus cidadáns, por iso, o regulamento da súa concesión fixa que deben recaer  en “persoas que teñen atribuídos méritos verdadeiramente extraordinarios”, o que así se pode considerar na figura dos alcaldes da Democracia xa que o deseño do Lugo que hoxe vivimos e gozamos levan o selo dos seus mandatos desde a máxima responsabilidade, a tolerancia, o compromiso, o benestar e o progreso”.

Deste xeito, a rexedora solicitará no próximo Pleno a adopción do acordo de conceder a Medalla de Ouro da Cidade aos alcaldes Xosé Novo Freire, Vicente Quiroga Rodríguez, Tomás Notario Vacas, Joaquín María García Díez e Xosé Clemente López Orozco. A proposta foi aceptada por unanimidade xa na Xunta de Portavoces.

“PRINCIPIOS DEMOCRÁTICOS”

“O paso de cada un destes representantes lexítimos do pobo de Lugo pola Casa do Concello axudou non só a consolidar o modelo e os principios democráticos instaurados senón que co seu compromiso político e persoal impulsaron a transformación do noso municipio”, engadiu Lara Méndez-

“Se a rúa entrou nas institucións a través das primeiras corporacións locais, o traballo e esforzo dos distintos alcaldes e equipos de Goberno contribuíu a mellorar a nosa realidade socioeconómica e a configurar o Lugo de progreso que hoxe coñecemos, marcado pola concordia e a convivencia”, referiu Lara Méndez.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...

Sometido a información pública o proxecto de trazado para mellorar a seguridade no Camiño do Norte

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o trámite de información pública para o...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...