InicioMedioambiente e PatrimonioComo era a arquitectura e as casas que rodeaban á Muralla de...

Como era a arquitectura e as casas que rodeaban á Muralla de Lugo?

A Casa de Pita, na zona nordeste da Ronda da Muralla, era unha desas pequenas xoias do eclecticismo de influencia francesa que se erguía no casco histórico de Lugo. Hoxe só se conserva en fotos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Toda unha serie de pequenas vivendas, construídas en granito todas elas de entre o segundo terzo do século XIX e a primeira metade do XX, con formas que apelaban a tradición construtiva de Galicia. Pequenas vivendas unifamiliares entre medianeiras de non máis de catro andares incluíndo chan, un ou dous sobrados e faiado. Así era ata non fai tanto o entorno da muralla de Lugo e as súas radiais, xa que a comezos deste século aínda se conservaba en boa medida esta estrutura urbana.

Mais hoxe xa non é o aspecto que presenta. Pois se hoxe nos achegamos á muralla o que único que podemos ver no seu perímetro son tan so edificios de vivendas en altura, conservando como único recordo do seu pasado a presencia de pedra na súa fachada. Son, porén, segundo o Plan de Reforma Urbana, vivendas en rehabilitación, ou, no seu defecto, edificios con protección ambiental, moi lonxe do que, segundo os expertos, en calquera casco histórico europeo se coñece como tal.

A última destas pezas será o desta vivenda, situada no número 49 da Ronda. A obra, con licencia concedida en 2003, estivo paralizada pola crise da construción entre o ano 2008 e 2019. Despois de 11 anos parada a obra, da caducidade da licencia, e tralo paso polas mans de varias construtoras, o Concello deu agora luz verde de nova á construción tal e como fora plantexada no ano 2006, máis de trece anos atrás.

Podes ler todo o artigo no portal Web Historia de Galicia

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...