InicioSociedadeUn conductor se enfronta a prisión por conducir a 111 k/h por...

Un conductor se enfronta a prisión por conducir a 111 k/h por un lugar limitado a 30 en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un dos radares fixos instalados polo Concello de Lugo na Rolda da Muralla -a vía perimetral que rodea o monumento romano e que constitúe unha das principais arterias de comunicación da cidade- detectou o pasado fin de semana a un condutor que circulaba a 111 quilómetros por hora, cando se trata dunha calzada limitada a 30.

O inspector xefe da Policía Local de Lugo, Jesús Piñeiro, confirmou que o suposto infractor foi “cazado” polo radar instalado entre Porta Miñá e a Porta de Santiago da Muralla romana, na madrugada do sábado para o domingo -14 ao 15 de setembro-, sobre as 05:00 horas.

Nestes momentos, a Policía Local está a instruír dilixencias para a apertura de xuízo oral por un suposto delito contra a seguridade viaria, tendo en conta de que o coche superaba os 90 quilómetros por hora nunha zona limitada a 30.

Precisou que o condutor se enfronta agora a unha posible pena de prisión, multa ou traballos en beneficio da comunidade, ademais dunha hipotética retirada do permiso de conducir por un período de 1 a 4 anos.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...