InicioMedioambiente e PatrimonioAnimalistas cren que os cazadores poden provocar lumes ante o alto risco...

Animalistas cren que os cazadores poden provocar lumes ante o alto risco de incendios

Piden ao Concello de Lugo que prohíba a caza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Animalista Libera reclamoulle ao Concello de Lugo que lidere unha “mobilización política e institucional” para “expor a suspensión de calquera batida de caza no municipio ante “os datos que demostran un elevado índice de risco diario de incendio forestal”.

Os animalistas piden ao Concello que se mobilice para evitar a práctica cinexética no seu territorio “para evitar maiores riscos coas altas temperaturas”, porque a probabilidade de que se produza un incendio forestal é “alta” ou mesmo “extrema” nalgunhas zonas.

Lembra este colectivo que “os incendios provocados por prácticas tradicionais inadecuadas e pola caza supuxeron o 33,8% en 2017, segundo a Fiscalía Xeral do Estado”. Por iso, insiste en que o “goberno local” debe “presionar á Xunta para prohibir as batidas nos cotos de caza que rodean” a cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...