InicioPolíticaA Xunta presume de destinar dous millóns de euros a mellorar centros...

A Xunta presume de destinar dous millóns de euros a mellorar centros educativos de Lugo

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, visitou o CEIP Luís Pimentel e IES Muralla Romana onde se están a realizar intervencións para mellorar as infraestruturas, a iluminación, etc.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, achegouse este martes o CEIP Luís Pimentel e o IES Muralla Romana de Lugo, dous dos centros educativos de Lugo nos que se están a realizar obras de mellora. Nesta breve visita, a Xunta aproveitou para lembrar que destina máis de dous millóns de euros para estas actuacións.

En concreto, as actuacións no CEIP Luís Pimentel contan cun importe duns 470.000 euros, mentres as do IES Muralla Romana levan uns 834.000 euros. No entanto, invístense máis de 732.000 euros no CEIP de Casás.

No CEIP Luís Pimentel, as obras “van en tempo”, pois está “case todo terminado”, polo que a comunidade educativa do centro pode estar “tranquila” de que o curso comezará o día 11 “sen ningunha incidencia”. Aquí, fíxose unha renovación estética cun pintado “moito máis alegre” en diferentes cores, baseado nun estudo cromático. Ademais, realizáronse accións de renovación enerxética co cambio de carpintarías para que non entre o frío no inverno e non escape a calor da calefacción. A isto únense as reformas de baños e da iluminación.

Pola súa parte, no IES Muralla de Lugo cambiarase a caldeira de gasóleo por biomasa, mudaranse as xanelas, substituiranse as luces e renovaranse as persianas, entre outras. Ademais, este curso ofértase unha nova edición do ciclo de grao superior na modalidade de FP Dual en Estética integral e benestar, en colaboración con Investimentos Hoteleiros de Galicia. Xunto a isto, ultímase o proxecto de ampliación de talleres e aulas, polo que se licitará no último trimestre deste ano ou o primeiro de 2020.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...