InicioSucesosAuxilian un nonaxenario que deambulaba desorientado por unha rúa de Lugo

Auxilian un nonaxenario que deambulaba desorientado por unha rúa de Lugo

Axentes da Policía atopárono en Ramón Ferreiro e devolvérono á residencia de maiores onde vive.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo auxiliaron este fin de semana a un home de 93 anos de idade que deambulaba desorientado pola Avenida de Ramón Ferreiro, en Lugo.  Finalmente, acompañárono ata a residencia onde vive.

Segundo informou a Policía Local, ás 22.05 horas deste venres unha patrulla recibiu o aviso da presenza dun ancián desorientado nas proximidades da Praza do Rei. Ao chegar, os axentes comprobaron que se trataba dun home de 93 anos que non sabía onde estaba, aínda que si que foi posible determinar que vivía nunha residencia da terceira idade, á cal foi trasladado.

SUCESO NA ROLDA DA MURALLA

Por outra banda, unha parella de axentes asistiron unha persoa que estaba tendida sobre a vía pública na Rolda da Muralla e que tiña sangue na cara e mans.Ante as indagacións dos policías, o individuo manifestou que bebera “de máis”. Solicitouse a presenza dunha ambulancia do 061, pero o afectado negouse a ser atendido ou trasladado e ausentouse do lugar polos seus propios medios.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...