InicioSucesosUnha persoa ferida tras unha colisión dun coche e un autobús en...

Unha persoa ferida tras unha colisión dun coche e un autobús en Lugo

No autocar viaxaban 60 persoas, que resultaron ilesas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha colisión entre un coche e un autobús que circulaban pola rúa Galicia, en Lugo, saldouse cunha persoa ferida na mañá deste venres.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente ocorreu sobre as 11.00 horas. Foi un particular quen solicitou asistencia sanitaria para o condutor dun turismo que chocara contra un autobús. Indicou, tamén, que no autocar viaxaba xente, pero non estaban feridos.

Por iso, pasouse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, aos Bombeiros da cidade e a Protección Civil. Testemuñas que presenciaron o accidente comunicaron ao 112 Galicia que, aínda que no turismo viaxaban dúas persoas, só o condutor necesitou ser trasladado polos servizos sanitarios. No autobús viaxaban 60 pasaxeiros, que resultaron todos ilesos.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...