InicioCulturaInaugurado o novo arquivo histórico do IES Lucus Augusti

Inaugurado o novo arquivo histórico do IES Lucus Augusti

As instalacións permitirán a axeitada conservación dos fondos e coleccións históricas do centro de ensino secundario, que cumprirá coa Lei de Memoria Histórica

PUBLICADA O

- Advertisement -

Chegou a estrea oficial do novo arquivo histórico do Instituto Lucus Augusti. O centro de ensino secundario da capital lucense conta así cun depósito acorde ao valor das coleccións que custodia, ao tempo que foi acondicionado en cumprimento da Lei de Memoria Histórica. Os traballos foron financiados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Na inauguración estiveron presentes, entre outros, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o director do Instituto, Juan Carlos Fernández.

As reformas afectaron ao conxunto de arquivo, museo e biblioteca histórica, amais de retirar os antigos escudos na vidrieira interior e na fachada. O investimento conxunto de 209.000 euros contribúe a adaptar o edificio, en palabras de Balseiro, “aos requerimenos de aprendizaxe e da sociedade actual”.

Así, a obra do arquivo garante a conservación e contribúe a valorizar o patrimonio histórico, científico e documental do IES Lucus Augusti; tanto os fondos da chamada biblioteca histórica –con exemplares desde o século XVII–, como o fondo documental do propio centro desde mediados do século XIX. Tamén se custodian pezas procedentes de diversas coleccións e doazóns relacionadas coa física, química, bioloxía ou anatomía humana, entre outras materias.

O delegado territorial lembrou que a conservación, catalogación e traslado dos fondos ao novo arquivo do Lucus Augusti requiriu da colaboración do Arquivo Histórico Provincial, a Biblioteca Pública Provincial e “dos docentes deste instituto que despregaron esforzos encamiñados a conservar, protexer e difundir o legado e a memoria das xeracións que nos precederon”.

Por outra banda, tamén se executaron recentemente obras de mellora nos vestiarios do polideportivo que comparte co IES Ollos Grandes así como outras medidas de conservación na instalación eléctrica e na de abastecemento, o pintado interior da pista polideportiva ou a reparación de caneiros e baixantes.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...