InicioSociedadeO meteorólogo Martín Barreiro renova como embaixador do turismo da provincia de...

O meteorólogo Martín Barreiro renova como embaixador do turismo da provincia de Lugo

O importe deste contrato ascende a case 16.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O meteorólogo e físico lucense Martín Barreiro foi designado de novo pola Deputación de Lugo como ‘embaixador do turismo’ da provincia para “o desenvolvemento de accións de promoción e consolidación da marca Lugo Cambia“.

Tras a xunta de goberno, a portavoz socialista do bipartito provincial (PSOE e BNG), Pilar García Porto, deu conta da contratación e subliñou que “se lle dá continuidade á imaxe de Martín Barreiro, que é o home do tempo, ese físico e presentador de televisión que é lucense”.

Porto precisou que o que se busca é “desenvolver accións de promoción e de consolidación da marca turística Lugo Cambia, que foi creada dentro do Plan Estratéxico de Turismo”.

“Cremos que unha persoa como Martín Barreiro, moi recoñecido socialmente a nivel nacional, pode ofrecer unha imaxe positiva e de moita creatividade, ademais, con moitos dotes comunicativas, que é algo a ter en conta”, sinalou.

Ao seu xuízo, “isto contribúe de forma moi importante a proxectar a imaxe da provincia”. “O importe deste contrato ascende a case 16.000 euros”, concretou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...