InicioMedioambiente e PatrimonioAcusan o Concello de Castroverde de detruír unha fonte inaugurada por un...

Acusan o Concello de Castroverde de detruír unha fonte inaugurada por un alcalde republicano en 1933

O BNG pregunta "por que esa fonte non estaba catalogada como ben cultural polo Concello" e "por que se optou pola demolición en lugar dunha rehabilitación da mesma".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do BNG no municipio lucense de Castroverde, Iria Castro, denunciou que o concello destruíu “deliberadamente” unha fonte inaugurada por un alcalde republicano no ano 1933.

Nun pleno extraordinario celebrado este venres, a portavoz nacionalista preguntou á edila de Cultura, a socialista Pilar Ferreiro, “por que esa fonte non estaba catalogada como ben cultural polo Concello” e “por que se optou pola demolición en lugar dunha rehabilitación da mesma”.

Así mesmo, Castro tamén instou á responsable da área de Cultura a que “especifique o custo dunha actuación que non estaba prevista realizar segundo o libro de actas” e que foi efectuada nun “tempo récord”.

“O luns pola noite decatámonos de que a tiraban e este xoves xa había unha nova fonte instalada”, precisou.

Segundo indicou a política nacionalista, dita construción atópase nunha zona coñecida como Travesía de Montecubeiro, unha rúa paralela á vía principal da capitalidade municipal.

Así mesmo, está moi preto do castelo de Castroverde, unha fortaleza do século XIV que pertenceu a Don Álvaro Pérez Osorio, duque de Aguiar e conde de Villalobos, e mesmo “parece ser que na base de fonte puideron utilizar pedras da muralla do castelo”, indicou Castro.

A portavoz nacionalista insistiu na “importancia de protexer este tipo de construcións para poñer en valor o conxunto histórico-artístico do concello”, motivo polo cal solicitaron “unha pronta resposta” á máxima responsable da área de Cultura no concello castroverdense.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...