InicioSociedadeIníciase a regularización dos postos no mercado de Frigsa en Lugo

Iníciase a regularización dos postos no mercado de Frigsa en Lugo

Rexistráronse vinte solicitudes para a creación de novos stands logo de que a concelleira de Participación e Servizos á Cidadanía se reunise cos representantes de vendedores que carecían de licenza para a venda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Concellería de Participación e Servizos á Cidadanía iniciou a regularización dos postos no mercado de Frigsa, no parque da Milagrosa en Lugo. No día de hoxe presentáronse, a través do rexistro, unhas vinte solicitudes para a creación de novos stands despois de que a concelleira, Cristina López, se reunise con representantes de vendedores que carecían de autorización para a venda. A Policía xa procedera en diversas ocasións a advertir a estes vendedores da necesidade de legalizar a súa situación, polo que este martes 13 procedeuse ao desaloxo da zona.

A edil do BNG, Cristina López, explicou que se procederá a un remodelación da distribución dos postos para “mellorar a seguridade na zona e para garantir, tamén, a ordenación dos espazos onde se producen as vendas”. Recentemente procedeuse ao pintado dos espazos para os postos que xa contaban coa debida autorización e crearanse novos postos para atender as solicitudes que se presenten. “Trátase de mellorar as condicións e a imaxe deste mercado que se celebra todos os martes e xoves no Parque da Milagrosa“, sinalou a  edil Cristina López.

As reformas que se farán na ubicación do mercado deixarán a rúa paralela ao Auditorio cunha única fila de vendedores para permitir o paso de vehículos de emerxencia en caso necesario. Tamén se crearán espazos de venda no aparcadoiro do lateral do Auditorio para establecer unha ordenación deste espazo, onde se viña desenvolvendo un mercadiño paralelo non regularizado. “Imos darlle a máxima axilidade á tramitación dos permisos solicitados por aquelas persoas que presenten a corresponde documentación e cumpran cos requisitos necesarios para exercer a venta no mercado”, concluíu a concelleira.

ÚLTIMAS

Primeiros traballos para Miguel Fernández: obras no centro histórico e a aprobación dos orzamentos

O novo alcalde de Lugo, Miguel Fernández, fixo unha primeira valoración dos seus primeiros...

ALCER recibe os parabéns da Deputación por “mellorar a calidade de vida” das persoas con doenza renal

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, agradeceu á Asociación para a...

Detidos dous veciños de Lugo por supostas agresións ás súas respectivas nais

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a dous veciños da cidade, como supostos...

Miguel Fernández, novo alcalde de Lugo

Miguel Fernández converteuse este martes no novo alcalde de Lugo, o terceiro en dous anos,...