InicioPolíticaO PSdeG-Lugo denunciará no Parlamento as condicións laborais das enfermeiras eventuais

O PSdeG-Lugo denunciará no Parlamento as condicións laborais das enfermeiras eventuais

O colectivo sanitario demanda medidas que rematen coa alta inestabilidade e precariedade no sector. Convocaron unha manifestación para o vindeiro luns 12 en Burela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Representantes do PSdeG-PSOE de Lugo mantiveron esta mañá un encontro co colectivo sanitario ‘Enfermeiras Eventuais en loita’ para coñecer as súas reivindicacións, ligadas a unha alta inestabilidade e precariedade laboral no sector. A secretaria provincial e tamén deputada autonómica, Patricia Otero, comprometeuse a rexistrar iniciativas no Parlamento de Galicia para denunciar as condicións laborais destes empregados do Sergas.

Ademais de Otero, na reunión estiveron presentes a voceira de Sanidade de PSOE no Congreso, Ana Prieto, e a secretaria de Sanidade na executiva provincial, Carmen Gómez. Elas escoitaron as demandas do colectivo, encamiñadas a que a sanidade pública galega “rexurda de novo”.

Patricia Otero lembrou que o PSOE xa defendeu na Cámara Autonómica unha iniciativa para impulsar un plan de persoal sanitario para rematar coa precariedade dos traballadores, así como un catálogo de servizos mínimos e propostas para frear a privatización. O PP de Feijóo rexeitou tal iniciativa, critican.  “Nós apostamos sen reservas por unha sanidade pública, de calidade e universal”, concluíu Otero.

MANIFESTACIÓN EN BURELA

Nesta liña, o PSdeG participará na manifestación que convocou o colectivo sanitario o vindeiro luns 12 de agosto, ás 12 da mañá, diante do Hospital da Costa de Burela.

+ posts

ÚLTIMAS