InicioPolíticaBalseiro acusa o Concello de "enredar" a recepción do auditorio por "non...

Balseiro acusa o Concello de “enredar” a recepción do auditorio por “non saber que facer” con el

O goberno local anunciou a solicitude dunha auditoría técnica antes de abrir as instalacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, criticou este venres ao goberno bipartito da cidade por “non saber que facer” co novo auditorio de Magoi, á espera de ser recepcionado polo concello. Acúsaos de estar “enredando” o asunto, en alusión á solicitude dunha auditoría por parte do Concello.

Balseiro afeou que desde o goberno municipal se pida a convocatoria dunha mesa técnica -unha especie de “auditoría“– en lugar de contar cun programa para encher de contido esta instalación. “Eu creo que o se pretende con isto é única e exclusivamente enredar, porque o goberno municipal non sabe que facer con esas instalacións que están practicamente concluídas para en calquera momento sentar e chegar a un acordo e facer esa cesión”, subliñou. “Ninguén porá en dúbida as certificacións dos técnicos que fixeron o auditorio”.

Ao seu parecer, estas instalacións trátanse da “mellor infraestrutura cultural” da provincia e lembrou que a Xunta “puxo o terreo” e “22 millóns de euros” para o proxecto.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...