InicioLugo e contornaLugoMellorar a frecuencia de buses ao HULA: a proposta coa que se...

Mellorar a frecuencia de buses ao HULA: a proposta coa que se estrea a Mesa do Transporte Público

Nesta primeira xuntanza tamén se valorou a necesidade de aumentar liñas ao polígono das Gándaras .

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Mesa do Transporte Público quedou constituída na mañá deste martes. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, presidiu a primeira xuntanza, na que  participaron representantes de todos os grupos municipais, e na que se analizou de novas liñas que fixo a empresa concesionaria. Entre as suxerencias, destaca a mellora das conexións ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

A nova proposta da empresa concesionaria incrementaría nun 19% as liñas de bus urbano. Ademais, reforzaría as conexións co polígono das Gándaras e melloraría as frecuencias das conexións norte – sur e do HULA. Segundo Arroxo, “esta proposta, cunhas pequenas modificacións, cumprirá coa visión do transporte público que temos dende a área de Mobilidade, e agardamos ter un consenso co resto de grupos nas próximas xuntanzas”.

Arroxo salientou que coa celebración desta primeira reunión, os responsables da área de Mobilidade cumpriron co compromiso de convocar esta mesa durante o primeiro mes do goberno. “Debe ser a primeira vez que se cumpre un acordo plenario antes de que chegue ao pleno”.

MESA DE MOBILIDADE

Rubén Arroxo indicou que estas xuntanzas continuarán unha vez se acorden as liñas do transporte público. “A mobilidade é unha peza estratéxica para o concello”, afirmou o Tenente de Alcalde, “apostamos por unha transformación importante no servizo [de bus urbano] co fin de conseguir reducir o tráfico en Lugo e unha mobilidade máis sostible”.

O nacionalista engadiu que, “no futuro, esta mesa de Transporte Público converterase na mesa de Mobilidade para chegar a acordos  co resto de grupos  e converter Lugo nun referente desta materia”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...

Méndez cre que o papel de María Reigosa “demostra que Candia mercadea con Lugo” e avisa: “Pasará factura”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, cre que o papel de María...

Candia comeza o seu mandato retirando unha bandeira palestina e reuníndose con representantes do persoal municipal

A popular Elena Candia arrincou a súa nova etapa como alcaldesa de Lugo e...

O “equipo” de Candia: sete tenentes de alcalde e María Reigosa como non adscrita

O novo goberno municipal de Lugo presidido por Elena Candia xa está en marcha....