InicioSociedadeO Sergas di que se reduciron as listas de espera no HULA

O Sergas di que se reduciron as listas de espera no HULA

"Son os mellores resultados dos últimos anos", aseguran dende Sanidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE-  O Sergas informou de que o Hospital Universitario Lucus Augusti  (HULA) rexistrou no primeiro semestre deste ano unha redución das listas de espera medias. Estes datos refírense tanto ás consultas externas, como ás intervencións cirúrxicas e probas diagnósticas. Son “os mellores resultados dos últimos anos”, presumen dende o Servizo Galego de Saúde.

De acordo cos datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde, o HULA situou a espera media para ser sometido a unha intervención cirúrxica en 38,6 días -un día menos que no mesmo período do ano pasado-, mentres que a demora para pasar por consultas externas queda en 38 días.

Neste primeiro semestre do ano, os especialistas do HULA atenderon 174.170 consultas e realizaron 8.480 operacións. Nos centros de saúde, foron atendidas nos seis primeiros meses do ano 1,7 millóns de consultas, 1.588 máis que no mesmo semestre do ano anterior e cun “alto nivel de capacidade resolutiva”, segundo indica o Sergas. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...